OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON XOSÉ TOMÁS NA NOSA BIBLIOTECA

Xosé Tomás cos nenos e nenas de Muxía

O sábado 22 de abril, véspera do Día do Libro, tivemos na Biblioteca de Muxía a Xosé Tomás cun obradoiro de ilustración.

A actividade foi moi divertida e participativa e os nenos e nenas quedaron moi satisfeitos. O ilustrador Xosé Tomás compartíu con eles estratexias para facer caricaturas, para debuxar personaxes, colocar ben os rasgos etc…toda una lección maxistral e divertida. Tamén coñeceron algúns libros deste ilustrador que temos na nosa biblioteca.

GALERÍA MULLERES MES DE ABRIL

Aínda que a Galería Mulleres do concello de Muxía xa estivo dedicada hai un tempo a Maruja Mallo, este mes de abril volve estar dedicado a ela, por motivos evidentes: protagoniza o Día das Artes Galegas 2017
con este motivo a Galería Mulleres sacou un cartaz conmemorativo , e durante o mes de abril a Biblioteca de Muxía terá un lugar destacado para consultar obras sobre a artista.

MARUXA MALLO:OBRADOIRO DÍA DAS ARTES GALEGAS

Na Biblioteca de Muxía artellamos un obradoiro sobre Maruxa Mallo, impartido por Viki Rivadulla, para conmemorar o Día das Artes Galegas. Neste obradoiro os nenos e as nenas aprenderon cousas sobre a vida e a obra de Maruxa Mallo , tomaron contacto con outras pintoras, falamos das” sinsombreiro”, viron libros nos que aparece Maruxa e libros que non falan para nada de pintoras femininas… e na parte práctica traballamos sobre as Naturezas Vivas de Maruxa Mallo e crearon elas e eles a súa propia Natureza Viva. Foi unha xornada moi divertida na que aprendemos, debuxamos, creamos e falamos de arte e outras cousas.

Na seguinte ligazón podemos ver o noso obradoiro no xornal dixital Que pasa na costa:

Os peques muxiáns crearon as súas propias Naturezas Vivas de Maruxa Mallo

 

TARDE LITERARIA NA NOSA BIBLIOTECA

CARTAZ DA ACTIVIDADE

O pasado sábado tivemos na nosa biblioteca a catro poetas da Costa da Morte presentando os seus últimos libros.

Miguel Mato, Paco Souto, Xaime Trillo e Xosé Iglesias. Foi unha serán estupenda de boa literatura que o público asistente- case todas mulleres- disfrutou moito.

DÍA DE ROSALÍA NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

Na Biblioteca de Muxía celebramos o Día de Rosalía poñendo a disposición das persoas usuarias un “Recuncho rosaliano” con lecturas de Rosalía ou sobre ela. Tamén temos exposta unha pequena mostra sobre a autora, coa biografía, retratos dela etc…

Rosalía está na nosa biblioteca. RosalíaTe!!!

E no seguinte enlace podes ler o magnífico manifesto de Ledicia Costas para o Día de Rosalía 2017.

Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2017, texto de Ledicia Costas